Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

MANIFESTO 25N

por VV.AA
€14,50
ISBN

Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller.

O Manifesto 25N reúne as voces de trinta autoras e autores galegos que reflexionan, dende a escrita ou as artes plásticas, sobre a violencia contra a muller.  A idea xurdiu a partir dunha iniciativa, en novembro de 2020, da Asociación Cultural Caldaloba (Cospeito, Lugo) cando ocupaba a presidencia Martiño Maseda (hoxe responsable de Culturalia GZ), asociación que actualmente preside Montserrat González.

Na nota editorial explícase: “Trátase de avivar as conciencias, desde diferentes ópticas expresivas, nunha repulsa colectiva contra un mal da nosa sociedade que parece non ter fin.”. 

Con este obxectivo, dende a Asociación Cultural Caldaloba fíxose unha convocatoria aberta para recibir traballos e foron máis de setenta os achegados, dos que se fixo unha selección destes trinta que agora ven a luz. 

A achega de obras é moi variada ,tanto no seu formato —poemas, narracións, colaxes, ilustracións, pinturas, caligramas, debuxos— como diverso é tamén no seu enfoque temático. 

O deseño e ilustración da capa corre a cargo da artista Xulia Nieto Pereira.

A edición desta obra contou coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, do Concello de Vilalba e de Culturalia GZ.

As 30 voces (por orde alfabética):

  • Luz Airado Bello
  • Pilar Alonso Suárez
  • Susana Antón Mandayo
  • Cristina Corral Soilán
  • Eva de Miranda
  • Paloma de Toro
  • Eilún del Pazo Moa
  • Miguel Díaz
  • Fátima Domínguez Silva
  • Andrea Fernández Maneiro
  • Celso Fernández Sanmartín
  • Raquel Fernández
  • Adela Figueroa
  • Pilar García Rego
  • Yolanda López
  • Paula Luís González
  • Beatriz Maceda Abeleira
  • Pilar Maseda
  • Adolfina Mesa
  • Alberte Momán Naval
  • Arantxa Nogueira
  • Toño Núñez
  • Emma Pedreira
  • Eli Ríos
  • Teresa Ríos
  • Viki Rivadulla
  • Ramón Sánchez
  • Ruth Santiso Salgado
  • Raquel Senra
  • Patricia Torrado Queiruga

_____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Galego