Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A MIÑA AVOA, A MIÑA HEROINA

€12,95
ISBN 9788411105507

Un emotivo relato sobre a ansiedade na infancia e a fortaleza de sentirnos acompañados polos nosos seres queridos.

Laura sempre foi unha nena alegre, forte e valente, pero ultimamente as cousas non lle van demasiado ben: sente que cada vez son máis os días grises e comeza a dubidar de todo, incluso dela mesma. Menos mal que conta coa complicidade da avoa Carmela, con quen vai realizar unha viaxe ao pasado para entender por que se sente así e decatarse de que pertence a unha saga de mulleres loitadoras. Un emotivo relato sobre a ansiedade na infancia e a fortaleza de sentirnos acompañados polos nosos seres queridos.

Sabela Fernández Trelles é mestra especializada en Audición e Linguaxe e licenciada en Psicopedagoxía. É autora de diversos artigos e materiais de ámbito pedagóxico, como o proxecto de estimulación da linguaxe oral «O Dragón Pepón» (2010). Como autora de literatura infantil publicou «As aventuras de Mariña e Lucas» (2012), así como os álbums ilustrados «Augusta e os seus medos» (Xerais, 2015) e «O ladrón de soños» (Xerais, 2018), ambos ilustrados por Alicia Suárez, e «Que queres ser de maior, pequena?» (Xerais, 2021), ilustrado por María Brenn. En 2024 publica na colección Merlín o libro «A miña avoa, a miña heroína» (Xerais, 2024).

____

Editorial: Xerais 05-2024

Idioma: Galego