Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

AS TRES VIDAS E AS CATRO MORTES DE ROBERTO SEOANE

€24,90
ISBN 9788410324015

A vida que vivimos vén sendo, imos chamarlle así, a vida orgánica. É a vida dos órganos que laten, dos pulmóns que respiran, dos intestinos que traballan, das células que envellecen. A vida do pelo que medra con certo sentido, ata o día que decide desaparecer de onde debería lucir para medrar nos sitios máis insospeitados. É a vida das uñas que non paran de medrar, hai quen di que medran ata despois de mortos... Non é certo, pero moita xente pensa que así é. Tamén a vida das nosas sensacións e dos nosos sentimentos. Da nosa conciencia e da conciencia do noso. Os sucesos, os acontecementos que van forxando a nosa historia e o noso carácter, o noso futuro. A infancia, a escola, a xuventude e os primeiros amoríos, o traballo, o éxito ou o fracaso. A familia, o home ou a muller e os fillos. A saúde e a enfermade, e, ao final, a morte que a todos iguala.

Serafín Parcero Pérez, nado en Moaña o 25 de xullo de 1955, é un mestre e escritor galego. Exerceu de mestre ata a súa xubilación como profesor no IES María Soliño de Cangas do Morrazo.  Desde novo participou na vida social, cultural e deportiva da súa vila e estivo vencellado á narración e ao teatro infantil. Como escritor, iniciouse no ámbito do microrrelato no ano 2000 e varios dos seus textos recibiron diversos premios. Cultivou a poesía social. Influído pola súa profesión, comezou a escribir contos e teatro para nenos. Iniciouse no ámbito do microrrelato no ano 2000. Colaborou no recompilatorio Póker de d(r)amas e na publicación As escolas de Cangas (Asociación Cultural A Cepa.

______

Editorial: Medulia 05-2024
Idioma: Galego