Un solpor sempre remata coa luz devorada polo fusco, polas tebras que escorregan alén do firmamento. É a mesma escuridade que afoga a alma da Curuxa quen, a través das brétemas de Annwn, voa até o noso mundo para liberar a Bran do feitizo que o mantén prisioneiro.
Chega a fin dunha era, do tempo en que os deuses dominaban Alba. Mentres os ríos ardentes caen desde os ceos e a serra e o mar son devorados polas lumaradas, o espertar dos Cristais decidirá o destino da humanidade.
Idioma: Gallego

____
Editorial: UrcoIdioma: Gallego