2ª Edición - Premio Xerais de Novela, 1990
"Habería que dicir dela, en primeiro lugar, algo no que todos os membros do xurado que a premiaron se manifestaron concordes: é divertida, lese nun arrauto, non permite que o lector se despegue. E un ichó, no que ficamos entrampados; un illó no que nos envisgamos. Pola súa visualidade, polo ben que pinta unha película na que non se pode durmir."O propio autor califica a súa novela como realismo esperpéntico, ou realismo exaserado con elementos surrealistas. É unha historia tráxica dun home solitario, soñador, quizais romántico, que fracasa, na que se mesturan notas de humor.
Eduardo Reinoso é unha persoa vulgar, con pouca cofianza nas súas propias forzas, que ten un pasado gris e que un bo día comenza a soñar con baleas e cachalotes que lle van dicindo o que ten que facer para triunfar. Na novela desfilan unha galería de personaxes, onde non faltan contrabandistas de cocaína, curas, armadores, políticos e unha muller de pel verdosa, Saritiña, da que Eduardo Reinoso acaba namorandose.O lector ten nas mans, pois, unha nova aposta. Igual que con "Crime en Compostela" de Carlos Reigosa inauguramos practicamente o xénero policiaco nas nosas letras, a novela de Alvarez Cáccamo ensaia un novo territorio: o humor, as veces tamén a gargallada. Pero cunha decidida vocación de estilo.
Idioma: Gallego

____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego