"Se cadra así poden escribir os poetas. Se cadra así poden falar os filósofos. Mais nós, os que estamos encerrados en asilos e internados en institucións, non temos resposta ningunha cando as nosas ideas non cadran coa realidade, pois no noso mundo son outros os que teñen a razón e coñecen a diferenza entre o ben e o mal."
Tradución do islandés de Elías Portela Fernández
"Se cadra así poden escribir os poetas. Se cadra así poden falar os filósofos. Mais nós, os que estamos encerrados en asilos e internados en institucións, non temos resposta ningunha cando as nosas ideas non cadran coa realidade, pois no noso mundo son outros os que teñen a razón e coñecen a diferenza entre o ben e o mal." A cabalo entre a ficción e a biografía do propio irmán do autor, Anxos do universo narra a transformación de Páll, un mozo islandés, cando comeza a desenvolver unha enfermidade mental que acabará coa súa vida. Gudmundsson aborda este tema tan delicado como aterrador cunha elegancia e un lirismo excepcionais. O seu estilo é sinxelo e cotián, e as súas imaxes permítenlle ao lector entrar nunha atmosfera na que a máis crúa realidade se mestura coa loucura. A sobriedade islandesa adquire tintas de realismo máxico ao tempo que o autor retrata esta sociedade e critica a súa hipocrisía egoísta e clasista, na que o protagonista non dá atopado o seu lugar. Na literatura herdeira das sagas xorde un protagonista inusual, privado do dereito a elixir o seu destino, mais que loita por levar a súa vida ao seu xeito, aínda que a súa historia, de principio a fin, semelle que non foi máis cá brétema dun soño.

____