Unha serie de relatos que foron publicados por distintas institucións e formaron parte, na súa gran maioría, de libros colectivos.
Dentro do conxunto da obra literaria de María Victoria Moreno, unha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo e tamén pioneira en introducir protagonistas femininas, existen unha serie de relatos que foron publicados por distintas institucións e formaron parte, na súa gran maioría, de libros colectivos. Grazas ao coidado que a familia da autora puxo na custodia da súa obra, e ao atento traballo de Xavier Senín, gran parte deses contos mais un inédito que gardaba no seu ordenador, un dos últimos que escribiu, vén agora a luz neste libro. MARÍA VICTORIA MORENO Unha das voces máis importantes da nosa literatura, María Victoria Morno exerceu de profesora de ensino medio durante toda a súa vida, sendo esta a actividade pola que quería ser recoñecida. Escritora, editora, tradutora e conferenciante, foi unha das fundadoras da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. En 1973 publicou Mar adiante. Desde entón, a carreira literaria de María Victoria Moreno foi imparábel. Escribiu títulos como Leonardo e os fontaneiros (1986) ou Anagnórise (1988); novela incluída na Lista de Honra do IBBY no ano 1990 e traducida a varias linguas. Continuou a súa produción literaria con Guedellas de seda e liño (1991), obra que obtivo o premio White Ravens no ano 2002 e Eu conto, ti cantas...(2005). Publicou un ensaio titulado Diario da luz e da sombra (2004) onde recolle a súa experiencia como enferma de cancro de mama. María Victoria Moreno tamén escribiu poesía, mais a súa obra poética para adultos publicouse despois de falecer no libro Elexias de luz (2006). Catro anos despois da súa perda, chegou ao lectorado Onde o aire non era brisa (2009), a primeira obra escrita por María Victoria no ano 1969 e que viu a luz na lingua que a escritora tanto quixo corenta anos despois de ser escrita.

____
Editorial: Urco