Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ÁLVAREZ (1922-2002). EL EMPORIO VIGUÈS DE CERÁMICA Y VIDRIO

€20,00
ISBN 9788419066015

Este traballo, longamente agardado, que é froito dunha profunda investigación e que ven acompañado dun amplísimo soporte documental, está dedicado a un dos maiores referentes industriais da Galicia do século XX que tivo, no seu momento, unha grande expansión nacional e internacional; a súa publicación coincide co centenario da súa fundación.

O grupo de empresas Álvarez (GEA).

En 1927 crearse Manuel Alvarez e Hijos (MAHSA), para comercializar artigos de cristal, porcelana e louza. E en 1938 trasladouse a Cabral co obxectivo de ampliar instalacións. Para xa en 1941 iniciar a actividade industrial coa marca Santa Clara, dedicada á produción de porcelana. E pouco máis tarde creou Vanosa, que fabricaba de envases de vidro.
O mencionado establecemento inicial do barrio de Casablanca montouno Alvarez xunto cun socio, Manuel Rey Vázquez. Tras trasladarse o primeiro a Cabral seguiron camiños diferentes, aínda que mantiveron unha forte e estreita amizade toda a vida. Manuel Rey converteuse, á súa vez, nun importantísimo industrial de Vigo, o fundador de Reyman, en Coia, fabricante de artigos de goma e cauchos.

A década dos sesenta foi excelente para a familia Alvarez. A empresa, en plena expansión, era, con diferenza, a primeira industria cerámica do noso país. Foi a comezos desa década cando entrou en funcionamento Olerías de Ponte Sampaio (Pontesa), en Arcade, inaugurada polo mismísimo Xeral Franco. Unha industria modernísima, cun alto grao de automatización.
E en 1969 comezou a súa actividade Moahsa, en Coruxo, para producir louza para a hostalería. Pero coa chegada dos anos setenta achegábase o fin e o desastre: sobreveu unha crise económica derivada dos prezos do petróleo, Moisés Alvarez Ou´Farril enfermou e a dirección quedou en mans dos seus dous fillos.
O Grupo de Empresas Alvarez, sobredimensionado naquela desfavorable circunstancia económica, comezou, ademais, a sufrir a competencia doutras empresas do sector; e, en consecuencia, a reducir considerablemente a súa cota de mercado. Unha industria que producía gran calidade; pero que naqueles momentos estaba mal xestionada.

____

Editorial: Instituto de Estudios Vigueses. 09-2022
Idioma: Galego