Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

ALGO PASA NA CASA DO LOBO

€15,90
ISBN 9788498717464

Amencía no bosque.
Papá Marmota ergueuse e foi espertar á pequena Moti; pero na cama da súa filla só asomaban as orellas longas de Teo, o coelliño…

Cando as familias do bosque se decatan de que as súas crianzas aparecen polas mañás noutros fogares, preocúpanse e saen ao bosque para investigar, en plena noite. Con grande asombro
descobren que algo moi estraño está a acontecer…
Estrutura narrativa atractiva e armada con altas doses de misterio e suspense que desemboca nun final inesperado, xogando coa sorpresa fronte ao perfil clásico do lobo, personaxe principal
da historia.
Subliminalmente Susanna Isern coloca o foco na importancia e o poder transformador da literatura, e incita ao lector a gozar dos contos e a narración como unha aventura.
A ilustración de Ayesha L. Rubio, chea de detalles e elegante execución técnica de ambientes e personaxes, ofrece unha riqueza cromática que engrandece o conxunto da narrativa e
fainos vivir en cada páxina as incógnitas da noite no bosque, a chamada dos grilos, a sombra misteriosa que avanza empurrando unha carreta e, en definitiva, o importante acontecemento
que ten lugar “na casa do lobo”.

Editorial: OQO editora 06-2025
Idioma: Galego
Páximas: 36
INFANTIL
A PARTIR DE 5 A 6 AÑOS