ALFREDO VILAS (O REPUBLICANISMO IRREDUTIBLE DO ESQUECIDO CASTELAR GALEGO)
por Gonzalo Vilas
€25,00
ISBN 9788412425819
Alfredo Vilas (1854-1904) foi un dos máis destacados oradores
galegos de finais do s. XIX. Avogado e médico, figura dos
estrados, político sen escano, “soldado da república”, nas súas
verbas, que nunca cedeu na propagación da idea republicana,
Vilas aparece como unha figura pública célebre na súa época
que hoxe apenas é lembrado nalgún episodio en que interviu,
como o traslado dos restos de Rosalía de Castro. Dotado dun
enxeño proverbial e dun intelecto destacado, a súa oratoria
despregada no foro xudicial, en xuízos que espertaban o
entusiasmo do público e a prensa, ou en mitins políticos de
diversa índole, valéronlle o alcume de “O Castelar Galego”.
Título que algún autor como Antón Vilar Ponte consideraba
inxusto, por supeditalo a outra figura e considerar o
compostelán aínda superior en algúns aspectos ao daquela tido
polo mellor orador do Estado.
Declarado anticlerical, Vilas foi unha voz discordante dende
mozo na Compostela dominada pola Igrexa, pugna que tivo o
seu colofón cando, na súa morte, o arcebispo prohibiu o seu
enterro en terreo sagrado, obrigando ao seu sepelio no
cemiterio civil coruñés, entre un considerable escándalo.
Gonzalo Vilas, descendente indirecto do orador, interesouse
pola súa figura desde pequeno, en que na casa familiar de
Prevediños (Touro), que fora residencia de don Alfredo,
resoaban ecos inconexos arredor do personaxe. Despois de
anos de recompilación de datos, e principalmente de indagación
na prensa da época, ofrécenos esta biografía deste republicano
sen república, na que, lateralmente, podemos sumirnos tamén
nas circunstancias e episodios políticos e sociais dunha época
apaixonante e non sempre ben coñecida.
Idioma: Galego

____
Editorial: Positivas 2021Idioma: Galego