Estamos ante unha proposta para a literatura galega da tradución dun texto relativamente curto e, en gran parte, inxustamente esquecido da literatura francesa
Pero que se sitúa nos albores da novela romántica, (lembremos Atala [1801] e René [1802] de Chateaubriand, ou Corinne [1808] de Mme de Staël) coa que comezaría a saga da grande novela moderna francesa do XIX. Trátase de Adolphe (1816) de Benjamin Constant. Sitúase pouco despois das obras mencionadas e so quince anos antes que do primeiro gran relato deste século Le Rouge et le Noir (1830), e dalgunha maneira contribúe a explicar e a poñer a andar unha nova escritura moi diferente da escritura de corte clásico. O interese desta noveliña esta precisamente neste carácter teórico, preparatorio, precursor e renovador dos presupostos narrativos, na medida en que desbota as regras do clasicismo, aínda en certo modo vixentes no século XVIII (no caso de Voltaire, por exemplo), para dar lugar a unha narrativa mais preocupada polos problemas resultantes dos hábitos sociais e polo seu peso decisivo na conduta e na psicoloxía do individuo. Parécenos moi útil que a literatura galega, que xa traduciu obras de Stendhal, Balzac e Flaubert conte tamén agora con esta aportación. Antón Figueroa Lorenzana
Idioma: Gallego

____
Editorial: LaioventoIdioma: Gallego