Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A SALGA NO FIN DO CAMIÑO

€22,00
ISBN 9788412747416

A Salga no Son é unha viaxe a través do tempo na que se lle pon nome e apelidos a cada unha das pedra relacionadas coa etnografía industrial do salgado de peixe que houbo e que permanecen espalladas pola beiramar de Punta Cabalo, Gafa,Portosín, Aguieira, Porto do Son, Baroña e Seráns. A partir de fontes de información practicamente inéditas, este traballo escarva nunha parte senlleira da historia do Concello de Porto do Son na procura de recuperar a memoria e e pór en valor este importante patrimonio que parece adormecido. Aquí van a atopar información detallada sobre as 45 fábricas de sardiña que existiron na costa sonense. Delas destacan as 27 que houbo na vila do Son e as 12 que ergueron os autodenominados "fomentadores" cataláns en Portosín. A concentración de familias desta procedencia, e o poderío económico dalgunhas delas, fixeron do Concello de Porto do Son unha referencia na pesca, salgado e comercialización da sardiña en Galicia durante unha boa parte do século XIX.

____

Editorial: Aldavira 11-2023
Idioma: Galego
ARQUITECTURA DEL MAR