A pesca tradicional nos ríos de Galicia. A enorme riqueza e diversidade do noso patrimonio marítimo e fluvial comeza a ser estudada de xeito sistemático e transdisciplinar pouco a pouco.
Este traballo céntrase no estudo da pesca tradicional nos ríos galegos, desde o Miño até o Navia, pasando polo Ulla, Tambre, Ladra e Sil. Caneiros, pescos e pesqueiras conforman diversos tipos de arquitecturas vernáculas funcionalmente especializadas nas capturas de peixes migratorios que constituíron unha fonte alternativa de alimentos e excedentes nas economías campesiñas precapitalistas do noso medio rural. Ao longo de varios capítulos abórdanse diversas cuestións vinculadas á cultura pesqueira de tres comunidades ribeiregas: Portomarín, Herbón e Arbo. Logo de máis dunha ducia de anos de traballo de campo ofrécense os resultados preliminares dun amplo proxecto de investigación centrado no patrimonio da auga común a galegos e portugueses.

____