Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A PEDRA DE ÁMBAR GRIS

€21,00
ISBN 9788415166863

Hoxe en ruínas, a factoría baleeira de Massó viviu unha época de intensa actividade. As súas conservas eran coñecidas en toda Europa e tamén en América.

Baseándose na fascinante historia deste emporio, a autora traza un relato de ficción, de longo alento, onde se entrecruzan as vidas de varios dos seus protagonistas, tendo como pano de fondo o ascenso e caída da actividade baleeira en Galicia.

 

Noa Setemuíños (Vigo, 1978) medrou entre as rúas griseiras das Travesas, polos carreiros do Rosal, e nas páxinas dos libros. Estudou Filoloxía Hispánica, Galega e Románica na Universidade de Santiago de Compostela, cidade na que vive dende entón cos seus. Traballa no ensino como profesora de Lingua Galega e Literatura. A súa primeira novela, O ocaso da familia Portela (Barbantesa 2015), foi traducida ao castelán e publicada por Pulp Books. A pedra de ámbar gris é unha historia nacida da caricia das ondas nos pés na praia de Pinténs, nos veráns da infancia

____

Editorial: Morgante

Idioma: Gallego