Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A NOITE DO OSO

€19,00
ISBN 9788411762199

PREMIO GARCÍA BARROS 2024

É 1984. Despois de tanto tempo, a xornalista Alexandra Moure regresa dende a capital á súa vila natal para acudir ao enterro do seu avó. Os días que pasa na casa familiar son unha continua revelación para ela, onde comeza a ser consciente dos feitos que a comunidade construíu durante anos, ocultos tras o silencio. Historias de nazis, da guerra, da mitoloxía, da morte…

Alexandra irá descubrindo os segredos da aldea de Caim nunha viaxe interior onde meditará sobre o pasado, as relacións familiares e o vínculo emocional que sente con Sylvia Plath.

E, todo isto, sen esquecer que, quizais, sexa ela a que arrastre o maior e terrible segredo.

 Tomé, Abel

(Outes, 1984) é graduado en xornalismo. En 2018 publicou A noite do corvo, a súa primeira novela, un título co que inauguraba unha triloxía que continuou con A noite do lobo, Premio Illa Nova de Narrativa 2019, e que pecha agora con esta obra. 

Recentemente publicou o libro infantil Liliam Strawberry e o paxaro da morte (2023).

____

Editorial: Galaxia 06-2024
Idioma: Galego