Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A MULLLER XEADA

€17,00
ISBN 9788419795687

«Dentro da casa unha suma de pequenos ruídos: o muíño de café, as cazolas. Fóra, unha discreta profesora, esposa dun executivo vestida de Cacharel ou de Rodier. Unha muller xeada.»

Criada nun ambiente pouco convencional, cuns pais que repartían entre si as tarefas domésticas, a pequena Annie ambicionaba unha vida diferente da dunha ama de casa. A súa independencia vese cuestionada cando se converte en esposa e constata que no seu fogar se perpetúan os vellos roles de xénero.

Annie Ernaux

Annie Ernaux (Lillebonne, 1940) debutou na literatura en 1974 con Les armoires vides, que se alimenta do mesmo episodio ca O acontecemento (2000). Cunha longa e prolífica carreira, a autora revela a agonía da experiencia de clase, describindo a vergoña, a humillación, os celos ou a incapacidade de ver quen se é, cun estilo sinxelo e limpo. En 2022 gañou o Premio Nobel de Literatura  “pola coraxe e a agudeza clínica coa que destapa as raíces, os alleamentos e as limitacións colectivas da memoria persoal.


____

Editorial: Rinoceronte 08-2024
Idioma: Galego