A MATERIALIDADE DAS FILLAS DE LUPA. OBXECTOS FICCIONAIS FEMININOS NA NARRATIVA GALEGA
Obxectos ficcionais femininos na narrativa galega.
Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que se centran no devir dos personaxes e, sobre todo, das personaxes, fronte a outro tipo de tramas. Dentro das propiedades das que emerxen as protagonistas ten especial relevancia a de xénero. Ser rexistradas como personaxes mulleres activa outros trazos satélites que as dotan dun atractivo especial para a arte. A marxinación, a anomalía, a cuantificación do corpo, pero tamén a loita, é dicir, a construción dunha identidade en conflito, abren un espazo para o insólito e permiten un percorrido argumental complexo. Mais tamén nos enfrontan a unha dupla condición ontolóxica: ser muller, como ser personaxe de ficción, é ser algo, un obxecto que emerxe dunha serie de inscricións e que forma parte da realidade, aínda que as inscricións sexan sociais. De feito, a abundancia de protagonistas femininas que se dedican ao traballo artístico emparella a emerxencia das mulleres e das personaxes, xa que as dúas son obxectos sociais, non naturais, sen que isto supoña que non teñan a mesma dignidade na súa existencia. Deste xeito, desde o punto de vista da ontoloxía da arte e do novo realismo analízanse os tipos de obxectos ficcionais femininos que aparecen na narrativa galega do século XXI e as inscricións das que xorden, desde a convicción de que as personaxes, tamén os personaxes, existen.
____
Editorial: Xerais 09-2022Idioma: Galego