Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A FOTOGRAFÍA 51

€15,00
ISBN 9788499954219
A descuberta da estrutura do ADN ten tanto valor que outorgou un premio Nobel a James Watson e Francis Crick por lograr o primeiro modelo correcto, a famosa dobre hélice. Porén, quen posibilitara a determinación da estrutura helicoidal fora Rosalind Franklin, a química que traballaba con cristalografía dos raios X.
Esta técnica analiza a difracción ou dispersión dos cristais creando patróns sobre planos fotográficos que achegan estruturas moleculares tridimensionais. Así obtivo a denominada “Fotografía 51” determinante da estrutura da molécula do ADN.
Mais en 1951 as mulleres eran consideradas de pouco valor. Non se lle permitía nin acceder á sala do café da Universidade, reservada aos homes. Tratábanas como a sombras, ocultaban o traballo que desenvolvían.
Que pasaría coa autora da fotografía que propiciou un Nobel? Sería recoñecida?

____

Editorial: Baía 03-2023
Idioma: Gallego