Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A ESPERANZA BRETONA

€11,00
ISBN WP389
As traduccións da materia medieval, literarias ou filolóxicas, poden agachar proxectos ideolóxicos observables mediante a análise das manipulacións cometidas nos intersticios da intertemporalidade.

As traduccións da materia medieval, literarias ou filolóxicas, poden agachar proxectos ideolóxicos observables mediante a análise das manipulacións cometidas nos intersticios da intertemporalidade. Con esta busca téntase en último termo determinar a dirección do fluxo de intercambios que nutre o sistema literario galego con productos do repertorio procedente da materia bretona. A nosa proximidade co universo bretón non dependeu tanto do grao de semellanza cultural nin do determinismo histórico ou xeográfico como da acción das institucións ó proxectarse alén do mar na busca de lexitimación. Proba dunha particular talasocracia é a conformación dun espacio atlántico cruzado por textos e personaxes que foron sendo nacionalizados a poder de querelas intelectuais. Este ensaio enceta o mecanismo da invención do pasado literario e contribúe á descrición das relacións atlánticas segundo unha lóxica de correntes e de pretextos lexitimadores. Recórrese para iso ós Estudios Medievais e á Antropoloxía, que achega modelos de comprensión da relación pasado / exotismo, e emprégase a ferramenta descritiva da intertemporalidade tirada da nova disciplina dos Estudios de Traducción. Axiña a Materia de Bretaña perdeu a súa significación para converterse en materia artúrica, na que se reproduciu e se xustificou a idea dunha orde universal, e que facilitou a apropiación do prototipo artúrico pola industria cultural dominante. Así xorde o paradoxo do cultivo e da traducción duns modelos que malia todo acubillan unha esperanza bretona moderna e redentora da nosa identidade.

____