Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A DISCRETA BELEZA DOS TULIPANS

€16,00
ISBN 9788411762175

Balboa, Macías e Viaño ocupan un lugar destacado na perspectiva da creación musical galega de finais do século XX. Con traxectorias diverxentes, abriron novos camiños e exerceron unha relevante influencia en toda unha xeración de músicos. 

Os tres comparten linguaxes musicais diversas que abranguen desde propostas abertamente rupturistas ata liñas continuístas, pero que coinciden nunha gran permeabilidade ás innovacións técnicas e estéticas do momento de efervescencia creativa que viviron.

As músicas interrompidas achégannos a estes tres talentos creativos que non alcanzaron a etapa de madurez. O seu silencio chegou pronto, o que non impediu que causasen un significativo impacto na súa contorna artística.

Javier Ares Espiño

É doutor pola USC e catedrático de piano no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Autor de varios libros e artigos nunha liña de investigación sobre o compositor galego-arxentino Carlos López García-Picos.

Medel Iglesias, Lucinio

É profesor superior de piano, DEA pola USC, profesor no IES Breamo de Pontedeume e investigador da figura de Xan Viaño e o ambiente musical galego.

____

Editorial: Galaxia 06-2024
Idioma: Galego