Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A CORUÑA, PASADO E PRESENTE

Agotado
€19,00
ISBN 9788412167887

Carmen Martínez Torrón e mais Xosé Castro Roig son dous coruñeses deses «de toda a vida». Con este proxecto repasan —mediante fotos antigas extraídas de álbums familiares propios e alleos— o pasado da nosa cidade, a súa evolución e os seus cambios, que discorren paralelos á vida dos retratados.

A Coruña foi e é unha cidade de emigración e de inmigración, berce de grandes políticos, de intelectuais e de literatos. O seu mesmo trazado urbanístico responde a unha longa historia de asedios, de comercio ultramarino, de pescadores e comerciantes, de ensanche e expansión por terra e por mar, de lecer e recreo.

Como bos coruñeses que son, Carmen e Xosé aman e critican a súa cidade a partes iguais, porque a queren. Pero, como calquera outro coruñés, cando alguén de fóra quere facerlles de menos, únense e sacan esa María Pita que todos levamos dentro. Non en balde, somos os tataranetos dos que resistiron o desapiadado ataque do corsario Drake.

Este libro é, en fin, unha cariñosa homenaxe aos coruñeses e á nosa novelesca Marineda.

____


Editorial: HERCULES
Idioma: Galego