A CONSTRUCIÓN DA NACIÓN DESDE O REALISMO POLÍTICO
Velaquí unha obra que compila, coherentemente, artigos que nos achegan a figuras e a momentos da historia do nacionalismo e do país, sempre en conexión con este presente aberto e convulso sobre o que Manuel López Foxo non renuncia a actuar. Se algo latexa e sobresae neles, sobre todo o demais, son o amor e a xenerosidade que o autor pousa –ou cos que mira– o noso país e a nosa xente, sempre cun profundo sentido do realismo político na súa acción, e co exemplo luminoso do Partido Galeguista de Castelao e Bóveda como faro. Este libro é un convite, mais tamén unha proposta. O país, sempre por diante. As mans, tendidas a xeitos ben diferentes de comprender e de sentir a nación que compartimos. O pasado puido ser diferente. Mais a nosa obriga, hoxe, é soñar o futuro. E traballarmos, no presente, para facelo realidade.
A construción da nación desde o realismo político
I. O avó galeguista de Mariano Rajoy que a dereita galega nunca reivindicou
II. O nacionalismo galego na II República:
unha lección de realismo político
III. A disolución do Partido Galeguista no interior IV. Xuño do 77: da ilusión á realidade
V. A ausencia do exilio: outro déficit da Transición
VI. Camilo Nogueira: a construción da nación
desde o realismo político
VII. O relato silenciado do bipartito
VIII. Alfredo Suárez Canal, sempre á procura dun discreto segundo plano
IX. As tres grandes contribucións
do nacionalismo ao autogoberno de Galiza
X. Nin a Ramón Piñeiro lle serviría de nada hoxe unha mesa camilla
XI. Carta aberta a Alfonso Rueda, diante do Ano Castelao
XII. Nacionalismo e Galeguismo
XIII. Ser oposición e pensar como goberno
XIV. Da autonomía limitada ao autogoberno real
XV. Nin coa axuda de san Froilán, señor Besteiro XVI. O soño de Bóveda, a teima de Castelao
XVII. Afortunados nós, que nunca tivemos que renegar dos nosos referentes
XVII. Francisco Carballo nas Cortes da Transición.
Manuel López Foxo (Ortigueira, 1960) é articulista desde os dezaseis anos. Crítica literaria, xornalismo cultural e columna de opinión.
Medios nos que colaborou: La Voz de Ortigueira, El Ideal Gallego, Da Terra e dos tempos (Radio Nacional de España), A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Progreso, Revista Ortegal, Terras do Ortegal, Terra e Tempo, Sermos Galiza, Nós Diario, Mundiario, Dorna (Universidade Santiago), Mundaiz (Universidade de Deusto) e Serta (UNED). Cordinador xeral da Universidade Popular de Ortigueira entre 1989 e 1991. Director de Edicións O Paporroibo. Divulgador cultural e autor, entre outras, das seguintes publicacións: As letras galegas en La Voz de Ortigueira (1916-1936), Ortigueira na Cultura Galega, O País de Nós, Os vellos: a memoria da vida e unha cultura que se perde, Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995), Prosas apaixonadas, O pracer de reler e Literatura e País. Antólogo da obra poética de Manuel María
_____
Editorial: Libros Lorref 12-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 156
ENSAIO
NACIONALISMO
PARTIDO GALEGUISTA