A casa da torre e outros relatos inverosímiles é un gorentoso libro de relatos que se vencellan coa tan ampla tradición literaria galega de literatura fantástica e de medo. As fontes das que deben estes relatos están nos autores canónicos do XIX e do XX, así como no folclore, mitos e lendas europeos. Conxunto de contos que nos poñen en disposición dunha realidade irreal ou dunha irrealidade que se pode sentir e imaxinar como real, e precisamente aí é onde se situaría a vertixe do temor e da fascinación que pode sacudir o lector, ao mesmo tempo que o expande cara a unha apertura imaxinativa que lle fará soñar eidos diferentes á realidade cotiá. Admirable libro que será do gusto dos amantes desas literaturas que son feitas coa delicada man do ourive e coa vizosa imaxinación dun soñador de mundos múltiples.
Idioma: Galego
____
Editorial: Toxosoutos 2021Idioma: Galego