Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A ARTE DO IMPOSIBLE

€25,40
ISBN 9788498653960

Neste libro sostense que a verdadeira política, a política digna de tal nome, é de natureza constitutiva, a súa cerna é a construcción, a partir do que vén dado, de novos intereses, valores, preferencias e identidades. Estas son precisamente algunhas das cuestións que se abordan nos capítulos de A arte do imposible. Así, analízase o clientelismo como unha grave patoloxía da democracia por mor da súa natureza despolitizadora; deféndese un modelo de democracia republicana que adopta como contido a producción política das preferencias da cidadanía, mais aló da súa mera agregación quer representativa quer participativa. Reivindícase a paixón como "descoñecida raíz común" da política. Fronte ó hiperracionalismo da visión política da modernidade, do seu esgazado modelo de mente política fría, Ramón Máiz reivindica a capital pertinencia politizadora dos afectos e o sentimento. Finalmente, sostense que no actual contexto de crise económica, da man do clamoroso fracaso das políticas neoliberais, alenta outra mais fonda, estructural crise socioecolóxica, debedora dun modelo de sobrecrecemento inxusto e inviable. De aí que cumpra reforzar mais que nunca o valor político da igualdade, aínda que repensada desde o novo horizonte da sustentabilidade.


Editorial: Galaxia 11-2011

Idioma: Galego