Fascinante parodia das novelas-elexía sobre a fidalguía rural galega, 900 segue o camiño de tres mozos de procedencia diversa: o indeciso herdeiro duns fidalgos, o talentoso fillo dun industrial e o último e concupiscente vástago dunha estirpe de avogados.
Premio Torrente Ballester 2018
Coa primeira metade do século XX como pano de fondo, 900 é unha descomunal e estimulante novela na que, co pretexto de relatar a decadencia dun modo de vida e dun tempo que chega á súa fin, se nos ofrece todo un banquete literario. Nas súas páxinas e nos múltiples escenarios polos que transita, dende un pazo das rías á Compostela universitaria, pasando polo Madrid da bohemia literaria e mesmo polo Flandres da Primeira Guerra Mundial, o lector pode atopar non só unha aparente novela histórica senón tamén unha novela bélica, unha novela bizantina, unha novela de iniciación, unha estudantina, un Künstlerroman, mesmo unha novela erótica, unha policial e, por se iso fose pouco, o que parece unha novela de fantasmas. Fascinante parodia das novelas-elexía sobre a fidalguía rural galega, 900 segue o camiño de tres mozos de procedencia diversa: o indeciso herdeiro duns fidalgos, o talentoso fillo dun industrial e o último e concupiscente vástago dunha estirpe de avogados. A través das súas peripecias coñecemos as circunstancias que nalgún momento han acabar por configurar, queirámolo ou non, a sociedade actual. Xabier López (Bergondo, 1974) é autor dunha extensa obra narrativa que inclúe novelas coma Doutor Deus (1999), A estraña estrela (2003), A vida que nos mata (2003), Trinta e dous dentes (2007), Cadeas (2013) e Olympia Ring, 1934 (2014), ademais do libro de relatos Os libros prestados (2010). Como escritor de literatura infanto-xuvenil publicou, entre outras obras, Biff, bang, pow! (1997, 2014), Cando Artur non era rei (2012) e O segredo da vella librería (2018). En castelán, obtivo en 2018 o Premio Juan March Cencillo de novela breve con Max & Franz. As súas obras foron traducidas para o castelán, o portugués, o inglés, o árabe e o chinés. Recibiu diversas distincións, entre elas o Premio Risco de Literatura Fantástica, os premios García Barros e Xerais de novela, o Premio da Crítica Española e o Lueiro Rey de novela curta.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego