Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

70º NORTE

€21,95
ISBN 9788411761420

O colapso social acontece nas grandes áreas metropolitanas indiferentes ao que non sexa o seu propio ritmo desaforado de desenvolvemento.
Unha praga contaxiosa con matices de maldición bíblica, leva á civilización postindustrial aos límites da desaparición. No medio dunha extinción, sen conciencia do perigo, un pequeno grupo intúe que o paradoxo da salvación radica nas persoas que permaneceron illadas nos remotos contornos dunha natureza tan implacable como imprescindible.

A Colonia é como denominan o campamento nómade onde viven.

Moverse cara ao norte non é unha opción, senón unha condición de supervivencia. A miles de quilómetros do ruído das urbes, o destino da especie humana está en saberse unha parte máis do planeta que habita.

XAIME TOXO (Bueu, 1955) é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, xestor cultural, presidente do Ateneo de Pontevedra e escritor. No seu haber conta, entre outras publicacións, cos libros de relatos As palabras que move o mar (2015) e Protexer o invisible (2016), e os textos poéticos Cadernos do mar (I e II, 2014), en colaboración co pintor Antón Sobral, e A casa sen nós (2019).
Recibiu o Primeiro Premio do Certame “O xadrez faise palabra”, convocado pola
ONCE no ano 2000; accésit do Premio Modesto R. Figueiredo 2002; primeiro Premio
do Certame de relatos do Concello de Paradela 2002; primeiro Premio do Certame
Manuel Murguía de narracións breves 2004; accésit do Premio Modesto R.
 Figueiredo 2011 e accésit no Certame Manuel Murguía 2011. 70! Norte é a súa pri-
meira novela.

____

Editorial: Galaxia 09-2023
Idioma: Galego