Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

30 CASTELOS E TORRES GALEGAS PARA DESCUBRIR UN REINO

Precio original €69,90
Precio actual €66,40
ISBN 9788409549269

Patrimonio arquitéctonico, medio ambiente e lexislación.
O proxecto que aquí lanzamos ten entre os seus obxectivos dar a coñecer trinta castelos e torres sobranceiras do patrimonio arquitectónico e histórico galegos. E sinalamos tamén histórico pois, aínda que algúns só conservan os seus alicerces ou reducidas estruturas, están ateigados de acontecementos relevantes que cómpre divulgar.

32 fascísculos.

Héitor Picallo Fontes, coordinador do coleccionábel 30 castelos e torres galegas para descubrir un reino, é enxeñeiro técnico naval, investigador, ilustrador, escritor e patrón do Museo do Pobo Galego. Tendo, ademais, experiencia coordinando outros coleccionábeis para este medio, Picallo salienta que "é importante divulgar e entreter, mais os medios de comunicación tamén deben formar.

Neste caso, é importante que as persoas teñan unha concienciación e formación sobre o noso patrimonio, en primeiro lugar para promover a conservación tanto do inmóbel como da súa contorna, mais tamén para saber pór en valor os nosos recursos patrimoniais".
Para o investigador, a chave está en atopar un equilibrio entre "a evolución das nosas vilas e cidades e o respecto pola arquitectura emblemática que nos define como pobo", salientando o traballo realizado tanto polo equipo redactor como polo asesor á hora de dar "diferentes perspectivas, outorgando unha visión moi ampla do que significan para nós estas fortificacións""É importante coñecer este patrimonio histórico-artístico para sermos conscientes do valor que ten e para sermos coherentes cunha protección absoluta do legado arquitectónico que nos é entregado e do que debemos velar", acrecenta o investigador.
Para Picallo, se ben estes "son traballos divulgativos, escritos de maneira que as persoas alleas a este campo poidan adquirir coñecementos, tamén son rigorosos desde o punto de vista técnico. As informacións que se fan dentro destes fascículos están contrastadas. É un traballo complexo porque nunca imos sabelo todo dunha estrutura, mais estamos indo ás fontes documentais primarias en vez de quedar só co que se conta en libros, polo que todas as afirmacións que se fan tamén intentan achegar información novidosa e revisada".

As torres e castelos que centran o traballo son Allo, Altamira, Caldaloba, Castro Caldelas, Castro Candaz, Castro de Ouro, Castroverde, Celas de Peiro, Figueiroa, Lúa, Maceda, Mens, Mesía, Moeche, Monterreal, Monterrei, Naraío, Nogueirosa, Oeste, Pambre, Ribadavia, Rocha Forte, San Miguel das Penas, Sobroso, Soutomaior, Tebra, Vilanova dos Infantes, Vimianzo, Xiá e Xunqueiras.

O equipo está coordinado por Héitor Picallo Fontes, enxeñeiro técnico naval, investigador, ilustrador, escritor e patrón do Museo do Pobo Galego. Foi coordinador de varios coleccionábeis en Nós Diario, o máis recente de xaneiro de 2023 titulado “Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza”. É autor de varios libros de ensaio e divulgación, así como coautor de non menos dunha ducia de títulos máis.

Os autores e autoras
Comezamos con Xosé María Lema Suárez, licenciado e doutor en Historia da Arte, patrón numerario do Museo do Pobo Galego e que é autor dos fascículos vinculados coas Torres do Allo (Zas) e o Castelo de Vimianzo (situado no concello homónimo). Continuamos coas doutoras e licenciadas en Xeografía e Historia Pilar Rodríguez Suárez e Mercedes Vázquez Bertomeu. Compoñentes de Dehistoria S.L.L., encárganse dos castelos de Altamira (Brión), Maceda (no municipio do mesmo nome), Monterreal (Baiona) e Xiá (Friol). No que afecta ás torres de Caldaloba (Cospeito) e Castroverde (en terras homónimas) e ao castelo de Pambre (Palas Rei), tales edificios son tratados por Alexandra Cabana Outeiro, licenciada e doutora en Historia, especialista en Paleografía e Historia Medieval.

Seguimos con Miguel García-Fernández, que é licenciado en Historia –nas especialidades de medieval e moderna– e membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, pois será el quen se ocupe de divulgar os contidos necesarios sobre as fortalezas de Castro Caldelas e Ribadavia (nos concellos chamados, respectivamente, do mesmo xeito). Paula Vázquez Verao, activista cultural e graduada en Xeografía e Historia, mergúllase no pasado do Castro Candaz (Chantada). Antón X. Meilán García, doutor, licenciado en Filoloxía Románica e profesor emérito da Universidad de Oviedo, o fai na historia de Castro de Ouro (Alfoz). Carlos Varela Aenlle, doutor en Filoloxía Galega e licenciado en Xeografía e Historia, trata sobre os castelos de Mesía (Mesía) e San Miguel das Penas (Monterroso); e Alexandre Peres Vigo, doutor, licenciado en Humanidades e profesor na UDC, sobre os de Moeche e Naraío (o primeiro no concello homónimo e o segundo no de San Sadurniño).

As pescudas sobre a fortaleza de Monterrei, situada no municipio do mesmo nome, terán por autor a Bruno Rúa Martínez, licenciado en Filosofía e guía turístico; as que afectan a Nogueirosa (Pontedeume) corren a cargo de Andrés X. López Calvo, que ademais de vigairo da Coruña e doutor en Teoloxía é membro do consello de redacción da revista Cátedra. Porén, dous son os autores que se encargan das Torres do Oeste, nomeadamente: Antonio Castro Rozados, licenciado en Xeografía e Historia, especializado en Arqueoloxía; e Gumersindo Mosteiro Díaz, licenciado en Historia da Arte, especializado en Museoloxía, Arte Antiga e Medieval; técnico en Restauración e especializado en Arqueoloxía.

O capítulo vinculado a Sobroso (Mondariz) vai da man de Mateo Fontán Couto, licenciado en Historia con especialidades en Arqueoloxía, Prehistoria e Historia Antiga. Xosé Manoel Sánchez Sánchez, profesor da USC, e doutor e licenciado en Historia, responsabilizouse do fascículo de Rocha Forte (Compostela); e Suso Vila, doutor en Historia da Arte, dos correspondentes a Soutomaior (no concello así tamén chamado) e Tebra (Tomiño). Rubén Fernández Vilariño, técnico superior en Conservación do Patrimonio, fará o mesmo con Vilanova dos Infantes (Celanova); e Antonio González Millán, licenciado en Historia e Historia da Arte, director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, o que concirne á torre Xunqueiras (no concello no que está situada a mesma institución museográfica).

Resta indicar que Damián Porto Rico, doutor e licenciado en Historia, amais de arquiveiro no AHDS, será autor de varias imaxes fotográficas así como co-autor con Héitor Picallo Fontes do fascículo da torre de Figueiroa (Abegondo). Héitor Picallo asina en solitario as entregas sobre as torres de Celas de Peiro (Culleredo) e Mens (Malpica de Bergantiños), amais do relacionado co castelo da Lúa (Rianxo), inmóbel sobre o que investigou desde hai tempo xunto con Alexandra Cabana.

O equipo asesor

Logo de deixarmos indicadas as autorías dos textos, debemos anunciar por quen está constituído o equipo asesor, persoas todas elas de enorme valía e ampla traxectoria no eido da investigación ou da docencia. Pasamos a sinalar os seus nomes, aproveitando a ocasión para deixar expresado o noso sincero agradecemento: Adolfo de Abel Vilela, enxeñeiro técnico agrícola, licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Historia; Carlos Baliñas Pérez, licenciado e doutor en Historia, profesor na Facultade de Humanidades de Lugo (USC); Xosé Carlos L. Bernárdez, licenciado en Xeografía e Historia, sección de Historia da Arte; Alexandra Cabana Outeiro, xa referida anteriormente; Xosé-Henrique Costas, licenciado e doutor Filoloxía Galega, profesor na Universidade de Vigo; Simon Doubleday, licenciado en Historia, doutor en Historia Medieval e profesor en Hofstra University (Nova York); Anselmo López Carreira, licenciado e doutor en Historia, comisario científico do I Congreso Internacional sobre o Reino Medieval de Galicia; Felipe-Senén López Gómez, licenciado en Filosofía e Letras, ex director-conservador do Museo Arqueolóxico da Coruña e supervisor nas prospeccións arqueolóxicas do Castro de Viladonga (Castro de Rei); Damián Porto Rico –xa citado no equipo técnico–; e Manuel Vilar Álvarez, licenciado en Xeografía e Historia e director do Museo do Pobo Gal

Fontes: NÓS DIARIO 30/09/2023

____

Editorial: Sermos Galiza 02-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 512