Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

2ª MAN

€17,00
ISBN 9788412686357

2º man xorde da mirada asombrada de Antón Reixa sobre a paisaxe urbana e informativa. Nese sentido, segundo o propio poeta, foi inicático o poema Non odias os luns, odias o capitalismo, que serviu de manifesto para a edición 2022 do festival Alguén que respira!, e ao mesmo tempo a visión dun home vestido de azul que durante meses, e á mesma hora, pasaba todos os días diante da súa casa con paso apurado e uns auriculares. A mais do enigma que suscitaba esta recorrencia, a acción transmitiulle a disciplina de escribir algo sobre el durante varios días seguidos. O libro inclúe imaxes da performance Acción Anakoluto que presentou, durante o proceso do libro, na Fundación Pazos Cuchillo de Oza-Cesuras. Nesta performance, Reixa aparecía maquillado de negro e imitaba a mímica dos tradutores en lingua de signos. Baéase nun feito real que chegou ao autor na marea de paisaxe informativa: durante os funerais de Nelson Mandela, retransmitidos internacionalmente, camuflouse un psicótico que se fixo pasar por tradutor para xordos profesional e acabou traducindo disparates inconexos. Esta presenza non é casual: co paso do tempo, cada vez vai introducindo máis lementos performáticos no seu traballo. Despois de publicar Outlet, Chan da Pólvora ábrelle a Reixa a colección Areal de Melide (especializada nas apostas híbridas) para un libro que marca novos rumbos na traxectoria do poeta.


Antón Reixa
Antón Reixa (Vigo, 1957) leva axitando a poesía galega des que fundou en 1975 o Grupo de Comunicación Poética Rompente, xunto a Alfonso Pexegueiro, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón. A súa poderosa capacidade como creador e activista evoluciona rapidamente nos anos oitenta e noventa en proxectos como Os Resentidos ou Nación Reixa, que o converteron nunha das figuras máis carismáticas de Galicia durante a cultra da transicion. Sen abandonar nunca a escrita, con pezas dramáticas de gran repercusión e poemarios de culto, Reixa mergullouse no aduiovisual e na incipiente industria audiovisual galega con series televisivas lendarias como Mareas vivas ou a produción cinemaográfica de O lapis do carpinteiro. Entre os seus libros, figuran As ladillas do travesti (1979), Historia do Rock and Roll (1985), Viva Galicia beibe (1994) ou MICHIGAN / ACASO MICHIGAN (2018). Ademais de Outlet, no ano 2020, cando Rompente volveu reunirse para actuar en directo, Reixa publicou tamén Melancholemia, texto escénico dunha obra que estrenou no Festival de Ribadavia.

____

Editorial: Chan da Pólvora 09- 2023
Idioma: Galego