Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MORTIÑA. UNHA HISTORIA PARA ESMENDRELLARSE DE RISA

€12,90
ISBN 9788494917615

Mortiña é unha nena , pero non é coma as demais : é unha nena zombi . Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro , un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse , pero a súa tía prohibiulle deixarse ver : podería austar a xente . Un día preséntaselle unha oportunidade única : a festa de Halloween ! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse ... Pero que pasará cando os demais nenos descubran que non leva máscara ?

Autora: Barbara Cantini

Barbara Cantini naceu en Florencia en 1977. Despois de licenciarse diplomouse en cine de animación. Traballou como animadora de debuxos animados en varias series de TV para a RAI ata o 2011, cando gañou o concurso “O ilustrador do ano”. Desde aquela dedícase a tempo completo á ilustración e colabora con editores americanos, ingleses e italianos. Vive no campo florentino co seu marido, as súas dúas fillas, catro gatos e un atrevido hámster… xa zombi. No 2017 publicou Mortiña, o primeiro volume da serie, un éxito internacional traducido a vinte e tres linguas, ao que seguiu no 2018 Mortiña. Un curmán repugnante.


____

Editorial: Hércules 04-2023
Idioma: Galego