Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MORTIÑA. O AMIGO PANTASMA

€12,90
ISBN 9788412253702

Quen é o misterioso neno pantasma que desde hai días intenta entrar en Vila Decadente? Mortiña está desexando sabelo, pero o espectro non lembra nada… nin tan sequera o seu nome! Ademais vaise esvaecendo e, se continúa así, rematará por desaparecer completamente. E xusto agora na vila están a punto de celebrar a festa de Aninovo Defuntiño. Xunto a Tristeiro, o seu inseparable can, Mortiña busca calquera pista que poida axudar a descubrir de onde vén o novo e pálido amigo: unha divertida pescuda que lle porá o corazón a cen por hora.

Autora: Barbara Cantini

Barbara Cantini naceu en Florencia en 1977. Despois de licenciarse diplomouse en cine de animación. Traballou como animadora de debuxos animados en varias series de TV para a RAI ata o 2011, cando gañou o concurso “O ilustrador do ano”. Desde aquela dedícase a tempo completo á ilustración e colabora con editores americanos, ingleses e italianos. Vive no campo florentino co seu marido, as súas dúas fillas, catro gatos e un atrevido hámster… xa zombi. No 2017 publicou Mortiña, o primeiro volume da serie, un éxito internacional traducido a vinte e tres linguas, ao que seguiu no 2018 Mortiña. Un curmán repugnante.

Descargar ficha:

____

Editorial: Hércules 03-2020
Idioma: Galego