Xosé María Álvarez Blázquez. Mestre republicano

20,90

Diario escolar e desterro.

Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) cursou estudos de maxisterio na Escola Normal de Pontevedra entre 1931-1934, atraído sen dúbida pola relevancia que a Segunda República concedía á escola primaria.

Hay existencias

No curso 1934-1935 realizou as prácticas na escola graduada de Tui, a súa cidade natal, e redactou o Diario del Maestro. A súa lectura permítenos coñecer o que acontecía na aula en cada sesión de clase: os contidos, a metodoloxía, os temos, os materiais, a estratexia motivacional, os procedementos disciplicanios, os resultados acadados e a relación do mestre cos alumnos. A traxectoria profesional de Álvarez Blázquez quedou truncada pola sublevación militar de 1936. Como tantos outros mestres e mestras, inicialmente foi separado do ensino e posteriormente depurado. Os cargos que se lle apuñan eran os de formar parte das Mocidades Galeguistas, facer propaganda a prol do Estatuto de Autonomía e exercer como apoderado electoral da Fronte Popular. Foi sancionado con seis meses de suspensión de emprego e soldo, inhabilitación para o desenvolvemento de cargos directivos e de confianza, e traslado fóra de Galicia. Esta é a historia que conta este libro.

Narciso de Gabriel
é catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña. Foi director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (1993-2005) e decano da Facultade de Ciencias da Educación (2005-2012). É autor de diversos traballos de investigación publicados en revistas e libros individuais e colectivos. Os seus dous últimos libros son 25 anos da UDC. A Universidade na Coruña e Ferrol(2015) e Elisa e Marcela. Amigas e amantes (2019). Recibiu os premios María Barbeito, Losada Diéguez. Concepción Arenal e da Crítica. Na actualidade dirixe Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación.

Peso 0.100 kg
Autor

Narciso de Gabriel

Idioma

Galego

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-9151-341-4

Año edición

2019

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega