O xornalismo en Galicia. Percorrido histórico pola prensa de Lugo

O xornalismo en Galicia. Percorrido histórico pola prensa de Lugo

23,70

No ámbito da colección Ensaio e incluido na serie adicacda ao mundo da Comunicación, Galaxia edita este análise da presenza dos Medios de Comunicación na realidade e da prensa local como como fío para achegrnos á sociedade contemporánea.

Hay existencias

Categoría: Etiquetas: ,

O xornalismo en Galicia. Percorrido histórico pola prensa de Lugo é un libro de investigación no que se analiza a presenza dos medios de comunicación na sociedade e o seu papel como voceiros das transformacións históricas que atravesan e conforman os séculos XIX e XX. Un libro que sitúa a prensa local no centrp da análise e no que se salienta a súa importancia para coñecermos a sociedade contemporánea.

Dous séculos da historia do xornalismo na provincia de Lugo serven a Ana María Rodríguez Rivas para trazar como pano de fondo contextualizador, unha parte substancial da historia do xornalismo galego. Concibido desde unha perspectiva ampla, na que se recollen aspectos históricos e xurídicos, este percorrido pola prensa de Lugo é unha guía útil para determinar o papel dos medios de comunicación na nosa sociedade.

Peso 0.300 kg
Autor

Ana María Rodríguez Rivas

Idioma

Galego

Nº de páginas

264

Encuadernación

Rústica con solapas

ISBN

978-84-8288-888-0

Año edición

2006

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

De 3 a 5 días