Xeometrías máxicas de Galicia

68,00

A idea de facer este libro parte da importancia de amosar a riqueza simbólica descoñecida e proxectada ata hoxe dende tempo inmemorial, de evidenciar o deterioro que ano tras ano sofre este importante legado patrimonial galego esmorecente (algúns dos símbolos recollidos neste traballo non existen na actualidade).

Hay existencias

BIEITO ROMERO. (A Coruña 3.10.1964). Músico. Técnico especialista en instalacións e liñas eléctricas, non chegou a exercer coma tal practicamente xa que a súa paixón é a música, á que se adica dende unha idade temperá. Pertenceu a diversas formacións de prestixio coma o grupo de danza e música tradicionais Xacarandaina da Coruña, ou mesmamente o Ballet galego Rei de Viana. Fundador do grupo folk Luar Na Lubre no ano 1986, percorreu toda Galicia, España e máis de 25 países acadando grandes recoñecementos, premios e importantes experiencias vitais. Con Luar na Lubre levou a cabo centos de concertos, gravou once traballos discográficos, unha longametraxe documental e participou coma compositor e músico con outros grupos e solistas que van dende Mike Oldfield a Mago de Oz. Colaborador de diferentes emisoras de radio dende os anos noventa, actualmente compaxina o seu traballo na música coa dirección do programa “Un mundo de músicas”, en RadioVoz. O seu interese pola simboloxía comezou na década de 1980, xunto con outros traballos referidos ás cubertas vexetais, hórreos, camposantos galegos, música, etc., nunha recompilación de día a día que no caso dos símbolos tradúcese nun arquivo de máis de 1.000 imaxes procedentes de distintos lugares de Galicia e tamén de diferentes países polos que ten viaxado. A idea de facer este libro parte da importancia de amosar a riqueza simbólica descoñecida e proxectada ata hoxe dende tempo inmemorial, de evidenciar o deterioro que ano tras ano sofre este importante legado patrimonial galego esmorecente (algúns dos símbolos recollidos neste traballo non existen na actualidade), e a posible preservación dos que aínda sobreviven e que están nun ameazante perigo, polo que ésta é unha chamada de atención á sensibilidade desde unha perspectiva humilde e de compromiso.

Peso 0.999 kg