Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DE GALICIA

Agotado
€29,00
ISBN 9788483024843
Xacementos arqueolóxicos de Galicia constitúe unha guía práctica para visitar e coñecer o patrimonio arqueolóxico galego, manexable por calquera persoa que sinta interese ou curiosidade.O viaxeiro ou o estudioso poderán gozar da información de máis de trinta xacementos que se describen nas súas páxinas e que abarcan desde o neolítico ata os últimos momentos da época romana, e desde os petroglifos ós campamentos militares. Os xacementos de cada época están precedidos por unha breve explicación xeral que realizaron os autores, os arqueólogos Pilar Barciela e Eusebio Rey.

O enfoque e a presentación de Xacementos arqueolóxicos de Galicia achegan os restos históricos á curiosidade do visitante, xa que os contidos están expostos de xeito divulgativo, sempre a partir dos traballos científicos e das memorias das escavacións.O carácter práctico da guía facilita a localización dos xacementos, ofrecéndolle ó visitante un plano cunha proposta de percorrido, información sobre os traballos realizados e un tema relacionado co xacemento.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego