Vir a menos

18,00

Vir a menos. Crítica da razón nihilista desenvolve este «novo nihilismo», cunha proposta que bebe do pensamento diferencial e do debolismo hermenéutico, e indo alén do estritamente teórico para dirixirse cara á esfera práctica, permitindo edificar un modo de entendernos a nós mesmos, unha maneira de configurar as relacións sociais e de interactuar co entorno máis afable e respectuosa e, por iso, menos violenta e agresiva que a promovida pola ideoloxía hexemónica.

Hay existencias

Unha das nocións máis controvertidas e tamén máis suxestivas do pensamento contemporáneo é a de nihilismo. O seu atractivo probablemente resida na súa ambigüidade e riqueza significativa, a cal abre a porta a interpretacións diversas e á construción de esquemas teóricos e códigos morais que poden chegar a ser radicalmente opostos entre si. A concepción tradicional acentúa o seu carácter negativo, concibíndoo como un modo de pensar e unha certa actitude vital, censurable e rexeitable. Porén, é posible concibir o nihilismo dun xeito diferente, ancorado nas condicións de existencia presentes e cun potencial crítico se cabe maior có tradicional, na medida en que amosa as contradicións internas dos mitos sobre os que se sostén a cultura tardomoderna, ofrecendo unha alternativa consistente e fiable á mesma. Vir a menos. Crítica da razón nihilista desenvolve este «novo nihilismo», cunha proposta que bebe do pensamento diferencial e do debolismo hermenéutico, e indo alén do estritamente teórico para dirixirse cara á esfera práctica, permitindo edificar un modo de entendernos a nós mesmos, unha maneira de configurar as relacións sociais e de interactuar co entorno máis afable e respectuosa e, por iso, menos violenta e agresiva que a promovida pola ideoloxía hexemónica. Brais Arribas debuxa os principais trazos que definen unha racionalidade debilitada, que é fráxil porque se abre á diferenza e aos diferentes, que é precaria porque está atenta á pluralidade, ao que poidan dicir ou pensar os outros, tamén os seres vIvos que non falan pero si senten. Un pensamento que se exerce deixando que aparezan as voces silenciadas ou ocultas, que se practica no diálogo franco coas pequenas narracións que os grandes relatos da historia mantiveron acaladas. Deste xeito, unha razón que non se pretende impor e que non usa a forza só pode ser unha razón que vén a menos.

Peso 0.400 kg
Autor

Brais Arribas

Idioma

Galego

Nº de páginas

198

ISBN

978-84-9485-53-4-4, 978-84-948553-2-0

Encuadernación

Rústica con solapas

Año edición

2019

Editorial

axóuxere

Prazo de entrega