vidas-imaxinarias

Vidas imaxinarias

24,95

Un clásico da literatura francesa. Un libro que creou todo un xénero: o da biografía literaria, máis rica, máis ambiciosa, máis divertida, máis evocadora.

Hay existencias

Ao longo dos séculos, Marcel Schwob vai procurando a esencia das paixóns da humanidade mediante unha poderosa imaxinación e un xeito de escribir baseado na beleza, na claridade e na destreza no uso dos recursos narrativos. Personaxes reais e inventados que conseguen grazas a esta obra un lugar perenne na eternidade.

«En todas as partes do mundo hai devotos de Marcel Schwob que constitúen pequenas sociedades secretas» (Jorge Luis Borges).

«Schwob é un dos escritores venerados pola clase dos aventureiros pasivos, e os seus devotos parécense aos do satanismo, que en diversas circunstancias recorren ás invocacións máis suxestivas da nigromancia» (Pierre Mac Orlan).

Peso 0.200 kg
Autor

Marcel Schwob

Idioma

Galego

Nº de páginas

182

ISBN

978-84-9478-070-7

Año edición

2017

Editorial

Aira

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)