A vida sinxela-de-Marcelo-Firmamento

A vida sinxela de Marcelo Firmamento

16,00

A novela trasládanos á vila mariñeira de Sada nos anos corenta, alí escoitamos as historias do vello Rederrota, sentimos a dor do desamor, a interrogante ausencia dun pai e a irracional esperanza da nai, que levará a Marcelo Firmamento a percorrer o mundo en grandes buques e a descubrir misterios dos que remata por ser parte. E a balea… ai, a balea!

PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2017

Hay existencias

Esta obra estaba destinada a ser especial dende o seu nacemento, dende que as ondas mariñas tocaron o seu berce. A novela trasládanos á vila mariñeira de Sada nos anos corenta, alí escoitamos as historias do vello Rederrota, sentimos a dor do desamor, a interrogante ausencia dun pai e a irracional esperanza da nai, que levará a Marcelo Firmamento a percorrer o mundo en grandes buques e a descubrir misterios dos que remata por ser parte. E a balea… ai, a balea!

Ao lado de Marcelo Firmamento viaxamos de océano en océano tras a pista dun pai que non coñece e descubrimos un pobo, o galego, espallado polos cinco continente. A fantasía e a realidade mestúranse nun universo onde as quimeras, mesmo a da liberdade, cobran vida e poden resucitar, igual que o Taramanco.

Peso 0.100 kg
Autor

Vanesa Santiago

Idioma

Galego

Nº de páginas

200

ISBN

9788491510680

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)

Premios

PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2017