A vida nova de Madame Bovary

A vida nova de Madame Bovary

32,00

A vida nova de Madame Bovary conta a historia de Hermelinda que, enganada polo seu marido, abandona a vida familiar pretérita para se refuxiar nunha peculiar casa de hóspedes chamada O Gatopardo.

Sólo quedan 1 disponibles

Categoría: Etiquetas: , ,

A literatura como realidade que xorde da mesma literatura é a certeza da que parte a nova novela de Xosé Carlos Caneiro.

Lugar de encontro de perdedores, ilusos e namorados, de alí vai abrollar o intenso aluvión de historias que asolaga a novela.

Un festín esperpéntico, unha obra narrativa que desmitifica o fracaso ao tempo que ergue un poderoso mundo ficcional, cheo de paixón literaria, pulo vital, humor e sensibilidade.

Velaquí un adianto da primeira entrada do autor, coa que quedará inaugurado este blog literario:

“Esta novela naceu do corazón, pero eu non sei se é ese o lugar onde deben nacer as novelas. Empecei a escribila hai cinco anos. Remateina no outono de 2007.

Imaxino que isto é o primeiro que debía afirmar para inaugurar este blog. Dixéronme que un blog era un diario. Despois dixéronme que debía escribir da miña Bovary. Debo sinalar que eu nunca pensei que puidera estar deste lado: escribindo un blog/diario sobre a miña novela. As novas tecnoloxías mais eu temos moitas contas pendentes. Un mp3 paréceme unha ecuación irresoluble. Pero son os tempos. Hai algúns días, lendo o manifesto do “Correlingua”, decateime que eu era un home con cronolóxico retraso. Os nenos escoitaban Playstation, Proevolution soccer… e sentíanse no seu mundo. Eu vivín á marxe dos bits: inmerso nun mundo de papel con lapis que anota nas páxinas, de papel con palabras vivas, de papel entre catro paredes. Casares sempre estaba á última en tecnoloxía. E Alcalá, tamén. Eu, reitero, son un tipo que sempre chega tarde. Escribo en ordenador porque vou máis rápido, pero sempre fun de anotar ideas en libretas. Teño centos. Varias ducias de Madame Bovary. Podería trasladar aquí as anotacións desas libretas. Pero esa non é a finalidade do blog de Madame Bovary. En realidade a finalidade é única: saber. Coñecer. Mirar as túas palabras sobre as miñas. Mirar, coñecer, saber… qué pensa o lector.

Un sempre escribe a escuras. Ignorando que hai homes e mulleres do outro lado. Esa é a traxedia do escritor: a soidade. Escribimos a cegas. Sen oír. Sen recibir, agás en contadas ocasións, noticias da xente que máis importa na literatura: os lectores e lectoras.

Esa é a razón.

Non hai outra.

Madame Bovary son eu… pero gustaríame que tamén fose un lector, unha lectora.

Escribo as primeiras liñas deste blog e tremo. Esperando. Por ti”.

Peso 0.500 kg
Autor

XOSE CARLOS CANEIRO

Idioma

Galego

Nº de páginas

708

ISBN

978-84-9865-091-4

Año edición

2008

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)