Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

VIDA E OBRA DUN CURANDEIRO

€13,00
ISBN 9788417094379
Trátase este dunha homenaxe ao grande fabulador mindoniense Álvaro Cunqueiro e á súa Escola de menciñeiros, unha das obras máis coñecidas e celebradas da literatura galega tanto pola capacidade narrativa do autor como pola fonda simpatía que inspiran unhas figuras estrafalarias que tan ben conectan co imaxinario popular.

A "Vida e obra dun curandeiro", que Balboa ofrece agora ao público lector, está escrita en prosa e céntrase nun mozo, tamén mindoniense, que se quere dedicar ao oficio tradicional de curandeiro e que para se preparar para o desempeño da profesión vai contar coa axuda do propio Álvaro Cunqueiro e do seu círculo de amizades, que lle irán abrindo as portas ao coñecemento de obras de lectura fundamentais para a súa formación na materia.

____

Editorial: Edicións Fervenza
Idioma: Gallego