a viaxe subterranea

A viaxe subterránea de Niels Klim

15,00

É, en multitude de aspectos, unha prima carnal de As viaxes de Gulliver (1726) do británico Jonathan Swift. Así mesmo, forma parte do selecto conxunto de obras que inspiraron a ciencia ficción e a fantasía modernas. Cabe sinalar, como curiosidade, que moi probablemente Tolkien se inspirou nesta peza para crear a raza dos ents na súa magna obra O señor dos aneis.

Hay existencias

Ludvig Holberg non quería publicar A viaxe subterránea de Niels Klim: temía as críticas iradas que lle puidesen chegar dende os ambientes académicos de Copenhaguen, como xa lle acontecera coas súas comedias. Ao cabo, consentiu en publicar a novela, a condición de que fose no estranxeiro e baixo pseudónimo; tal aconteceu en 1741. O autor escandinavo deixou escrito que, pola súa pedagoxía, se trataba dunha «novela filosófica». Baseándose na ficción, Holberg quixo compendiar nela a súa filosofía moral e, ao tempo, pretendeu construír un sistema ético proveitoso para o xénero humano. A narración alicérzase na sátira e no humor, trazos que o escritor deprendeu dos clásicos latinos, da commedia dell’arte italiana e das obras de Molière; un bo exemplo disto é o contraste entre os costumes dos seres do mundo subterráneo e os habitantes da superficie.

Peso 0.500 kg
Autor

Ludvig Holberg

Idioma

Galego

Nº de páginas

308

ISBN

978-8494540387

Año edición

2017

Editorial

Hugin e Munin

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)