Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

VIAJES Y YANTARES POR GALICIA

€20,00
ISBN WP3664

OS TEXTOS INÉDITOS EN LIBRO DO GRAN ESCRITOR

Obra periodística olvidada en Vida Gallega, 1954-1963 Unha das plumas máis brillantes da literatura galega e española aínda ten material disperso que non vira a publicación en libro. É o caso dos 37 artigos que integran Viajes y yantares por Galicia que o célebre escritor lugués de Mondoñedo publicou,e que permanecían esquencidos.

OS TEXTOS INÉDITOS EN LIBRO DO GRAN ESCRITOR Un libro inédito de Álvaro Cunqueiro. Unha das plumas máis brillantes da literatura galega e española aínda ten material disperso que non vira a publicación en libro. É o caso dos 37 artigos que integran Viajes y yantares por Galicia que o célebre escritor lugués de Mondoñedo publicou, entre os anos 1954 e 1963, na revista Vida Gallega e que permanecían esquencidos. Cunqueiro viaxa por Galicia e fai arte coa cociña, a paisaxe, as xentes e, en definitiva, a fonda personalidade deste país milenario. Trinta e sete capítulos nos que a gastronomía vai presidindo cada páxina, dende a aportación de senlleiras receitas a todo tipo de anécdotas e descrición dos usos e costumes culinarios galegos. Ademais, Viajesy yantares por Galicia é unha guía turística, de lugares emblemáticos, de persoeiros históricos e lendarios. Nesta nova obra tamén agroma a crítica literaria, a pictórica, mesmo a interpretación das estrelas. A presente edición inclúe a reprodución ben manuscrita ou ben mecanografiada dalgúns dos artigos tal e como os entregou Cunqueiro á revista; tamén un limiar do catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío Varela (especialista no escritor), e un traballo sobre a historia, o contexto, os promotores e algunhas das portadas en cor desta segunda época de Vida Gallega, unha das publicacións periódicas máis populares do seu tempo. Alvarellos Editora principia, con esta obra, a súa colección Rescate, dedicada a recuperar importantes textos da nosa cultura e da literatura universal que permanecen inéditos ou esquecidos. Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981) foi un escritor extraordinariamente dotado. Exerceu o xornalismo e a literatura nas súas máis variadas formas (cronista, poeta, novelista, dramaturgo…). A súa pluma é das máis persoais e eruditas tanto da literatura en lingua galega como castelá. É autor, entre outras obras, de Merlín e familia, As crónicas do Sochantre, Si o vello Sinbad volvese ás Illas… En 1968 recibiu o Premio Nadal por Un hombre que se parecía a Orestes.

____

Editorial: Alvarellos

Idioma: Castellano