Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

VIAJE POR LAS ESCUELAS DE GALICIA

€19,00
ISBN WP464
Viaje por las escuelas de Galicia é o título que agrupa os 37 textos que o xornalista e político Luis Bello, vencellado á Institución Libre de Enseñanza e ao republicanismo, publicou ao longo de 1929, no xornal madrileño El Sol, coas súas estampas sobre a situación de tantas escolas urbanas e sobre todo rurais da Galicia daqueles días.

A precisión e o trazo limpo na escrita, a viveza nas imaxes, a forza dos seus retratos, ou a presenza dos nenos e dos mestres, fan dos textos pezas singulares da escrita sobre nós. E pagaba a pena unha nova edición para os lectores e as lectoras de hoxe, anotada e introducida, con textos e ilustracións complementarias, por parte de Antón Costa Rico. Luis Bello Trompeta (1872-1935), salmantino, foi desde a cátedra xornalística de El Sol, un dos máis destacados intelectuais do seu tempo. Mostrou grande preocupación pola educación pública, a das maiorías sociais, para construír a necesaria democracia cívica, á que tamén contribuiu como deputado republicano, con notable sensibilidade cara ás diversas terras e pobos de España. Entre 1925 e 1929 fixo numerosísimas «visitas a escuelas» en toda a súa xeografía. Endalí as súas precisas crónicas. Antón Costa Rico (1952), catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, ten recoñecidas aportacións sobre a historia e o presente da educación en Galicia; destaca, entre outras, a súa Historia da educación e cultura en Galicia (Xerais, 2004). Pertence á Nova Escola Galega e é un dos impulsores da Revista Galega de Educación. Ven de editar (2010) unha monografía sobre a pedagogía Freinet en España (1926-1975). É presidente da Sociedad Española de Historia da Educación.

____