Vestirse por los pies. Los secretos de estilo del auténtico caballero.

23,65

«Vestirse por los pies» é a consigna elixida por David García Bragado para dar nome a un exitoso blog no que, dende 2012, comparte cos seus seguidores as claves da elegancia masculina.

Hay existencias

Category:

«Vestirse por los pies» é a consigna elixida por David García Bragado para dar nome a un exitoso blog no que, dende 2012, comparte cos seus seguidores as claves da elegancia masculina.

A elección do nome non é casual, senón unha homenaxe ás pezas tradicionalmente usadas polo home, pantalóns e calzóns, caracterizadas porque unicamente podían vestirse de abaixo arriba. Únese a iso, ademais, que a elegancia de saber vestir comeza por abaixo, no calzado que cobre os nosos pés, e flúe en sentido ascendente.

Coa mesma filosofía de recuperar a elegancia masculina de sempre, David García Bragado fai neste libro un minucioso percorrido polas pezas e as ocasións adecuadas para usalas. Clásico ou contemporáneo, nestas páxinas desvélanse as claves dun auténtico cabaleiro e das pezas imprescindibles no seu vestidor.

Para iso, o autor debulla todas as posibilidades do vestiario masculino, cos seus acertos e os seus erros: en que ocasións se debe usar chaqué, smóking ou traxe negro; cando debe, e cando non, abrocharse a chaqueta; como debe vestir o convidado a unha voda; é correcto levar camisa e gravata co mesmo estampado? e mocasíns con traxe?; pódense remangar as camisas? cales son as alternativas correctas aos aburridos traxes azul mariño/gris marengo? xastraría á medida ou prêt-à-porter? que complementos son os máis acertados en cada ocasión?

Tanto para os apaixonados da moda coma para aqueles aos que lle resulta difícil dar coa súa propias claves, este manual de estilo constitúe unha referencia imprescindible, un «básico» que todo home debe ter como libro de cabeceira.

David García Bragado

Este enxeñeiro técnico de minas cunha experiencia de 15 anos na dirección de obras civís no campo da minaría interior, a construción e o medio ambiente, naceu en Oviedo, foi criado en León e residiu no Bierzo como feliz paso á Galicia que o marabillou, aínda que o seu corazón será sempre «carbayón».

A súa paixón polo cabaleiro español é tan antiga como a súa idade e innata como a súa educación, así que comezou a escribir no seu propio blog para poder ler aquilo que desexaba ver nos doutros. Actualmente promove a imaxe masculina integral do cabaleiro, colabora con distintos xornais dixitais e participa en medios de comunicación como experto en moda masculina.

Peso 0.5 kg