Unha mirada, dous tempos: Pintores de Pontevedra para un centenario

10,00

O Café Moderno Afundación de Pontevedra constitúe un emblema intelectual e artístico en Pontevedra, pois nos seus faladoiros participaron algúns dos personaxes fundamentais da cultura contemporánea do país. Castelao, Bóveda ou Laxeiro tiveron unha estreita vinculación coa cidade e tamén con este local. Os lenzos que Carlos Sobrino pintou expresamente para este café cumpren o seu centenario e por este motivo no Moderno ten lugar a mostra para a que se realiza este catálogo.

Solo quedan 1 disponibles

A devandita mostra recolle obra dunha nómina de pintores pontevedreses (por nacemento e/ou residencia prolongada) que ilustra a evolución e fertilidade creativa das súas respectivas producións pictóricas, en diálogo co contexto plástico da cidade dende comezos de século. Os artistas representados son: Alejandro Paisa, Rafael Úbeda, Jorge Castillo, Arturo Cifuentes, Manuel Aramburu, José Barreiro, Jaime F. Falcón, Manuel Ruibal, Eduardo Dios, Álex Vázquez, Manuel Moldes, Fernando Vilanova.

 

Peso 0.200 kg
Autor

Ramón Rozas

Idioma

Galego

Nº de páginas

48

ISBN

978-84-96982-65-9

Año edición

2014

Editorial

AFUNDACIÓN

Prazo de entrega