Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

UNHA LECTORA FÓRA DO COMÚN

€14,00
ISBN WP2458
A culpa tivérona os insoportables cans da raíña. Aquel día, despois de estar no xardín, no canto de subir pola escaleira dianteira correron cara a un dos patios e puxéronse a ladrar. Cando a raíña chegou onda eles, descubriu aparcado á porta da cociña do palacio o furgón da biblioteca móbil do concello de Westminster.

A culpa tivérona os insoportables cans da raíña. Aquel día, despois de estar no xardín, no canto de subir pola escaleira dianteira correron cara a un dos patios e puxéronse a ladrar. Cando a raíña chegou onda eles, descubriu aparcado á porta da cociña do palacio o furgón da biblioteca móbil do concello de Westminster. Nunca mostrara moito interese pola lectura, pero tomou en préstamo un libro, e a este seguíronlle moitos outros, tantos que pouco a pouco a afección se converteu en devoción, perturbando as relacións coa súa familia, os ministros, a servidume e os amigos. En moi poucas páxinas e cunha ironía da mellor escola inglesa, Alan Bennett amósano-lo poder que posúe a literatura para cambia-la vida das persoas, mesmo a vida dunha Isabel II educada para o deber. Grazas á transformación interior que a paixón pola lectura provoca na protagonista, esta comeza a ve-las cousas dende outra perspectiva e a facerse preguntas, o que fai que desatenda as formalidades propias da realeza, ata desembocar nun sorprendente final.

____