Unha historia da música en Galicia. 1952-2018

43,00

Mais de 1.000 imaxes e máis de 250 entrevistas.

Estamos ante unha intensa viaxe que comeza con aquelas orquestras que percorrían o mundo en furgonetas por estradas imposibles. Continúa coas formacións que viñeron despois co pop, rock, beat, yé-yé, progresivo, jazz rock, folk, garage, blues, surf, a canción de autor, a movida dos anos 80, que arranca en Vigo…

 

Solo quedan 2 disponibles

Categorías , Tag:
O autor manexa centos de horas de entrevistas que dan voz aqueles pioneiros que construíron as partituras felices da música galega. Máis de mil imaxes de discos, grupos, festivais… fan deste libro unha cumprida enciclopedia sobre a música de nós onde está todo, absolutamente todo. Ata os ses…
Fernández Rego, Fernando
(Ferrol), é licenciado en Química pola USC e traballa como profesor de educación secundaria. Ademais é administrador da web musical LaFonoteca.net, escribe para Mondosonoro e a Rockdelux, e colabora con múltiples plataformas tanto dixitais como impresas. Publicou unha novela, Desorden (Ediciones Oblicuas, 2009) ­­­—un tratado de existencialismo pospunk­—, abar­­cou o relato e a poesía en Blues From A Gun: Secuencias Interiores (Volta, 2011), entregou ensaios como o libro+CD 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega (Toxosoutos, 2010) ou Galicia en Clip (Volta, 2012), este último xunto a Pablo Portero; e ta­mén biografías como a da banda de Lugo ­­Los Contentos —Cuando Ríes. Los Contentos (Unos malditos pioneros del ga­ra­ge) (Xonix, 2014)— xunto a Piti Sanz (prólogo de Luís To­sar) e a de ­—Andrés do Barro Andrés do Barro. Saudade (La­fonoteca, 2015)—. Xunto a Sergio Peck (Carrero Bianco) é o responsable do selo discográfico Ferror Records. Non para quieto nunca.

 

Peso 0.100 kg
Autor

Fernando Fernández Rego

Idioma

Galego

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-9151-337-7

Año edición

2019

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega