Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

UN DÍA NA VIDA DE IVÁN DENÍSOVICH

€16,90
ISBN WP1275
Iván Denísovich, un humilde labrego, é un dos millóns de cidadáns que, sen saber ben como nin por que, acaban nos campos de traballos forzados soviéticos como presos políticos. Acusado de ser espía tras escapar do cativerio alemán durante a guerra, Iván Denísovich é condenado a dez longos anos en Siberia. Tradución do ruso de Martin Andor

Aprenderá deseguida a arte da supervivencia e dará testemuño de que nin sequera a crueldade daquelas condicións pode crebar a unha persoa honesta e espelida. Este minucioso retrato da vida cotiá dos campos penitenciarios, infundido dunha poderosa mensaxe humanista, abraiou a sociedade soviética, por primeira vez publicamente confrontada coa realidade da represión stalinista. O seu mérito literario foi recoñecido internacionalmente coa concesión en 1970 do Premio Nobel ao seu autor. Un día na vida de Iván Denísovich é merecidamente considerado un clásico do século XX.

____