Ulcis

17,00

Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de «Ulcis» entre 1958 e 1963 e traballou nel ao longo de toda a vida. Aquel universo literario espertou a admiración dos seus compañeiros de Brais Pinto, especialmente a de Reimundo Patiño e X. L. Méndez Ferrín, que di no limiar deste libro: «Era o Fernández Ferreiro que estabamos esperando con sede nóntida». Estes contos surrealistas penetran na esencia máis fonda e escura do ser humano, alí onde nacen os mitos e as lendas, os pesadelos e a violencia, onde se desvelan os arquetipos dun mundo inferior, situado máis alá da consciencia, pero que habita en nós e, ás veces, nos posúe. Esa é a enorme e grandiosa forza de «Ulcis», o derradeiro libro do autor de Nogueira de Ramuín, libro no que traballou ata os últimos días da súa vida e que deu por rematado no outono de 2015. Agora, Xerais publica postumamente este libro magnífico e singular, da man de Francisco Fernández Naval, que achega tamén o epílogo, e con limiar de X. L. Méndez Ferrín

Hay existencias

Peso 0.500 kg
Autor

Xosé Fernández Ferreiro

Idioma

Galego

Nº de páginas

184

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-9121-702-2

Año edición

2020

Editorial

Xerais

Prazo de entrega