Tristano morre

Tristano morre

16,50

Última novela de Tabucchi que relata a aventura dunha época a través da voz dun personaxe agoniante. A experiencia humana do século XX en clave narrativa coa mesma mestría e sedución que en obras anteriores.

Hay existencias

Nalgures, nunha casa da Toscana italiana, o último agasto do século XX, ao longo dunha agonía que durará un mes enteiro, un home que combateu pola libertade do seu país conta a súa vida coa lucidez da febre e as alucinacións provocadas pola morfina. Tristano, nome tomado dun personaxe do poeta Leopardi, fai vir á cabeceira do seu leito un escritor para recoller o testemuño dunha vida que reflicte o século que está a piques de rematar.
A pregunta que percorre a novela toda, e que Tabucchi se fai sen querer responder definitivamente, é a de se unha narración pode abranguer a xeometría ambigua dunha vida: as súas contradicións, as dúbidas, as omisións, os desexos incumpridos, as presuntas lembranzas ou os autoenganos. O destino persoal dun heroe como Tristano, cargado simultaneamente de esperanza e desespero, de xenerosidade e amargura, achega ao lector ou lectora un fresco de sesenta anos de historia de Italia e de Europa, coas súas traxedias e falsos pasos adiante, ata a irrupción do derradeiro episodio de tiranía: a farsa televisiva.

Peso 0.200 kg
Autor

Antonio Tabucchi

Idioma

Galego

Nº de páginas

208

Encuadernación

Rústica con solapas

ISBN

978-84-8288-728-9

Año edición

2004

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

De 3 a 5 días