Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

UN TREN CARGADO DE MISTERIOS

€7,95
ISBN 9788483026915
Dende a fiestra do seu cuarto, Ana ve pasar o tren todos os días. Un tren que nunca para, porque onde a nena vive non hai estación. Un día o ferrocarril detense ao pé da casa e Ana recibe a invitación do revisor de subir a el. Axiña descobre que se trata dun tren moi especial: nel percorrerá os países do mundo enteiro e, ademais, terá que resolver o misterio que encerran sete enigmáticas caixas azuis, a descuberta do libro das infinitas historias. Premio lecturas Galix, 2003

A intriga, a fantasía, o xogo coas palabras, a existencia dun planeta diverso e plural, o valor dos libros e das historias fermosas que as persoas foron creando ao longo do tempo, en calquera país do mundo, para axudarnos a soñar e a vivir son as facetas máis destacadas deste novo libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Enjamio e destinado a lectores de sete anos en diante.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego